O
CONCELLO DA POBRA DO BROLLÓN ORGANIZA UN CURSIÑO DE NATACIÓN PARA NENOS/AS DO
CONCELLO.
O Concello da Pobra do Brollón organiza un
cursiño de natación para vinte nenos/as de 3 a 14 anos na Piscina Municipal de
Monforte de Lemos.
O Cursiño dará comezo o día 6 de novembro en
horario de 17:15 h a 18:00h até o mes de xuño e o Concello asume os custes do
Cursiño e o desprazamento en autocar até as instalacións da Piscina.
Este Cursiño de Natación forma parte dun
Programa integral de Deporte, atendendo ao obxectivo prioritario de mellorar a
calidade de vida dos nosos menores, fomentando a actividade deportiva, sobre
todo nun Concello rural e cunha
poboación altamente envellecida.
O Programa integral de Deporte chamado
“Brollón Deporte” abrangue diferentes actividades de carácter deportivo,
achegando á poboación unha oferta deportiva ampla como pode ser a natación, o
ciclismo de montaña, rutas de sendeirismo, atletismo, fútbol sala, etc,
fomentando e universalizando a práctica do deporte. Este Programa é posible
grazas a un convenio firmado entre a Área de Deporte da Vicepresidencia
Primeira da Deputación de Lugo e o Concello da Pobra do Brollón.