12/18/2010

Cea de Aninovo


O Bloque Nacionalista Galego da Pobra do Brollón vai celebar a tradicional "Cea de Aninovo" á que están convidados os afiliados/as, simpatizantes, amigos/as, e veciños/as en xeral do Concello . Dita Cea será o día 8 de xaneiro de 2011 na Cantina "Casa Julia" de Salcedo (antigo Pachile). Para asistir a esta Cea é preciso anotarse antes do día 6 de xaneiro nos teléfonos 648182510 (Xosé Lois Maceda) ou 664432288 (Ricardo Rodicio), ou no enderezo electrónico benegabrollon@gmail.com. O prezo é de 17 € por persoa e o menú será o seguinte:


1º.- Entremeses da casa.

2º.- Tenreira estofada.

3º.- Postres.

4º.- Café e licores. Auga, pan e viño mencia Ribeira Sacra (Vilachá) "Val do Frade".


Bó Nadal e Feliz 2011!!!!

12/03/2010

Análise demográfica e consecuencias do proceso de avellantamento no ámbito rural.


O día 27 de novembro celebrouse na Casa da Cultura "Olga Novo" da Pobra do Brollón, unha Xornada baixo o título "Análise demográfico e consecuencias do proceso de avellantamento no ámbito rural", organizada pola Concellería de Benestar Social do Concello da Pobra do Brollón e coa colaboración da Área de Benestar da Deputación Provincial de Lugo.

A Xornada comezou ás 10 da mañá, coa intervención do Alcalde da Pobra, Xosé Lois Maceda, que presentou a Xornada e fixo unha analise da situación demográfica do Concello. A súa intervención foi seguida pola da Vicepresidenta Terceira da Deputación de Lugo, María Xosé Vega e pola da traballadora Social do Concello da Pobra, Laura Estrada, que foi a encargada de organizar esta Xornada e de presentar aos ponentes. Coa asistencia do alcalde de Monforte, Severino Rodríguez e cunha participación de preto dun cento de persoas, o primerio ponente foi Xoan Bascuas, Profesor de Socioloxía da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago, que na súa intervención explicou a situación demográfica actual das comarcas rurales galegas, facendo unha comparativa co resto de España. Na Pobra do Brollón os maiores de 65 anos supoñen o 46,5% da poboación do Concello, 22 puntos por riba da media galega. O 22% dos pensionistas teñen máis de 85 anos, e a densidade de poboación é de 11,9 habitantes por km cuadrado.

A intervención de Xoan Bascuas foi seguida pola da Traballadora Social do Hospital de Monforte, Isabel Sánchez, que falou sobre a hospitalización de pensionistas. A terceira intervención foi a de José Millán Calenti, médico e director do Grupo de Investigación en Xerontoloxía da Universidade da Coruña, que falou das principais doenzas que padecen as persoas de avanzada idade. Ás doce e media tocoulle o turno a Isabel González Abraldes, Psicológa da Universidade da Coruña que falou sobre a figura do cuidador familiar.

Xa pola tarde, Carmen Isasi, Profesora da Escola de Enfermería da Coruña, pronunciou unha conferencia sobre cuidados ás persoas encamadas, a continuación falou Beatriz Diáz, Traballadora Social do Concello de Quiroga, sobre o sistema galego de atención a dependencia. E o turno de intervencións rematou coa da Directora do Centro de Dia da Pobra do Brollón e o xerente de Geriatros, empresa que se fixo cargo da Residencia do Morín en Monforte. E a Xornada pechouse cun debate e cunha rolda de preguntas aos ponentes.

11/28/2010

Mulleres entre Sil e Miño. Segunda quincena de decembro na Pobra do Brollón.


A exposición fotográfica MULLERES DE SIL E MIÑO estará na Pobra do Brollón na segunda quincena de decembro, (xa se informará da data, lugar e horarios de visita). A área de Muller do BNG-Lugo Sul é a responsábel desta exposición fotográfica e de útililes, e contará cun scáner portátil para que aquelas persoas que queiran poidan aportar a súas fotografías á exposición. A exposición conta con varios paneis con máis de 120 fotografías e a partires do día 2 de decembro e até o día 13 poderáse visitar no Centro Sociocultural de Sober.
www.mulleresdesileminho.blogspot.com

O BNG DA POBRA DO BROLLÓN CUMPRE UN ANO



O día 12 de decembro cumpriráse un ano da creación da Asemblea Local do BNG da Pobra do Brollón na que se nomeou Responsábel Local e Consello Local. A asemblea Local do BNG da Pobra do Brollón conta con trinta afiliados aos que lle hai que engadir cinco máis da organización xuvenil do BNg Galiza Nova, ademáis contamos cun local propio para reunións na Avenida de Galiza número 48-baixo. A foto é do día seis de febreiro de 2010, data da inauguración do Local, e nela están Francisco García (Alcalde de Allariz e membro do Consello Nacional do BNG), Isabel Sánchez Montenegro (Deputada no Parlamento de Galiza), Severino Rodríguez (Alcalde de Monforte), Xosé Lois Maceda (Alcalde da Pobra do Brollón), Alicia Cadarso (Responsábel Comarcal do BNG Lugo-Sul e membro do Consello Nacional do BNG), Pilar López Martínez (Responsábel Local do BNG en Monforte), Ricardo Rodicio (Responsábel Local do BNG na Pobra do Brollón), acompañados de coñecidos militantes e simpatizantes do BNG na Pobra do Brollón.