BNG-A Pobra do Brollón

11/05/2013

O CONCELLO DA POBRA DO BROLLÓN ORGANIZA UN CURSIÑO DE NATACIÓN PARA OS NENOS/AS DO CONCELLO.







O CONCELLO DA POBRA DO BROLLÓN ORGANIZA UN CURSIÑO DE NATACIÓN PARA NENOS/AS DO CONCELLO.
 
O Concello da Pobra do Brollón organiza un cursiño de natación para vinte nenos/as de 3 a 14 anos na Piscina Municipal de Monforte de Lemos.
 
O Cursiño dará comezo o día 6 de novembro en horario de 17:15 h a 18:00h até o mes de xuño e o Concello asume os custes do Cursiño e o desprazamento en autocar até as instalacións da Piscina.
 
Este Cursiño de Natación forma parte dun Programa integral de Deporte, atendendo ao obxectivo prioritario de mellorar a calidade de vida dos nosos menores, fomentando a actividade deportiva, sobre todo nun Concello  rural e cunha poboación altamente envellecida.
 
O Programa integral de Deporte chamado “Brollón Deporte” abrangue diferentes actividades de carácter deportivo, achegando á poboación unha oferta deportiva ampla como pode ser a natación, o ciclismo de montaña, rutas de sendeirismo, atletismo, fútbol sala, etc, fomentando e universalizando a práctica do deporte. Este Programa é posible grazas a un convenio firmado entre a Área de Deporte da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo e o Concello da Pobra do Brollón.


Publicado por BNG A POBRA DO BROLLON en 7:12 No hay comentarios:
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Entradas más recientes Entradas antiguas Inicio
Suscribirse a: Entradas (Atom)

Datos personales

Mi foto
BNG A POBRA DO BROLLON
Ver todo mi perfil

Seguidores

Archivo del blog

  • ►  2015 (1)
    • ►  marzo (1)
  • ▼  2013 (11)
    • ►  diciembre (1)
    • ▼  noviembre (1)
      • O CONCELLO DA POBRA DO BROLLÓN ORGANIZA UN CURSIÑO...
    • ►  septiembre (1)
    • ►  abril (6)
    • ►  marzo (2)
  • ►  2012 (17)
    • ►  noviembre (1)
    • ►  septiembre (2)
    • ►  agosto (2)
    • ►  julio (1)
    • ►  junio (2)
    • ►  mayo (1)
    • ►  abril (8)
  • ►  2011 (22)
    • ►  octubre (1)
    • ►  mayo (3)
    • ►  abril (2)
    • ►  marzo (7)
    • ►  febrero (4)
    • ►  enero (5)
  • ►  2010 (5)
    • ►  diciembre (3)
    • ►  noviembre (2)
Tema Picture Window. Con la tecnología de Blogger.